Marcha en Barcelona en apoio á Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia
Posteado por mar: en Xullo 21, 2008
Traducido por Jose
A noticia saíu publicada no diario metro
Este domingo Mundo Sen Guerras organizou unha Marcha percorrendo Barcelona en diferentes modos de transporte: barca, a pé, en metro, tren, autobús, a nado? simbolizando en pequena escala o que será a Marcha Mundial que atravesará o cinco continentes desde o 2 de outubro do 2009 en Nova Zelandia até o 2 de xaneiro en Punta de Vacas (próximo ao Aconcagua).
Unha das expresións da Marcha será sen dúbida a alegría, á parte do interese de concienciar sobre a non violencia como método para superar os conflitos que xeran guerras e violencia de todo tipo neste mundo globalizado. A xulgar polas fotografías parece que o conseguiron…




Todas as fotos en : http://picasaweb.google.com/marxamundial/Domingo20JulioBarcelona
NOTA DE PRENSA MUNDO SEN GUERRAS
21 de Xullo de 2008
_____________________________________________________________________________________________________________
MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NOn VIOLENCIA
Convocados pola asociación “Mundo sen Guerras”, un centenar de persoas procedentes de varios países de Europa, América e África déronse cita en Barcelona o pasado domingo 20 de xullo para facer un simulacro do que será a Marcha Mundial pola Paz e a Non-violencia (MM).
Esta Marcha partirá de Nova Zelandia o 2 de outubro de 2009 e terminará aos Pés do Aconcagua (Punta de Vacas, Arxentina) o 2 de xaneiro de 2010, despois de atravesar 100 países do cinco continentes e a Antártida, utilizando moi diversos medios de transporte por terra, mar e aire.
Os participantes no simulacro de Barcelona camiñaron, tomaron o metro, autobuses, taxis e barcas, para terminar entrando o Mediterráneo, simbolizando o camiño cara ao outro lado do mar. Tratábase de reproducir a gran diversidade de traxectos, medios, culturas e achegues que poden confluír na gran marcha de 2009, na que se reunirá toda esa diversidade nunha única intención de Paz e Non-violencia a través de todo o percorrido.
Esta marcha quería ser non só un simulacro, senón tamén unha oportunidade para que profesionais reunidos en Barcelona durante toda a semana recollan imaxes, gravacións e impresións para os soportes que están a crear para a difusión da marcha. Deseñadores gráficos, músicos, expertos en vídeo, informática e comunicacións, tradutores e deseñadores de campaña procedentes de varios puntos de España, Francia, Eslovenia, Bélxica, Grecia, Italia, Hungría, Chile, Senegal e Marrocos estiveron reunidos durante toda a semana para dar forma ao que será a imaxe e organización deste primeira MM.
Barcelona converteuse con isto nunha cidade pioneira no apoio ao MM e as súas paisaxes urbanas nunha imaxe que convidará o mundo a sumarse.
Percorrido da marcha
Praza da Pau – camiñata hasta a saida de metro Liceo – viaxe en Metro ate Praza Catalunya – taxis e motocicletas ate Arco do Triunfo – paseo en barca e actividades lúdicas no Parque da Ciudadela – tren na estación de Francia – autobús ate a Praia da Barceloneta – entrada no mar. Todo o traxecto estivo acompañado de actividades lúdicas e divulgativas. Calquera persona que quixo unirse á marcha foi benvida.
Información: www.marxamundial.info; www.mundosinguerras.org
Fotografías: http://picasaweb.google.com/marxamundial/Domingo20JulioBarcelona
–
Ana Isabel López
609 69 15 57
Equipo de Prensa “Mundo sen guerras”
e-mail: medios@mundosinguerras.org
http://www.mundosinguerras.org/
Etiquetas: barcelona, creativos, marcha, marcha mundial, mundo sin guerras, no violencia, paz, spot
1 comentario »
Deixa un comentario
-
Arquivos
- Decembro 2009 (43)
- Novembro 2009 (551)
- Outubro 2009 (21)
-
Categorías
-
RSS
Entradas RSS
Comentarios RSS
[...] * 21/07/08 * Marcha en Barcelona en apoio á Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia [...]
Pingback por FOLGA DE FAME EN FERROL / CONTEMPRANDO O ABISMO « OS MENSAXEIROS DA PAZ | Novembro 1, 2009 |