OS MENSAXEIROS DA PAZ

COMUNIDADE ATLÁNTICA DA MENSAXE DE SILO

Semana de Creatividade para a Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia

Posteado por mar: en Xullo 19, 2008

Traducido por Jose

NOTA DE PRENSA MUNDO SEN GUERRAS

18 de Julio de 2008

Queridos amigos,

Reenvío comunicado sobre a semana de creatividade que se está celebrando durante estes días en Barcelona para deseñar a Marcha Mundial pola Paz e a non violencia que durante 90 días percorrerá máis de 90 países a partir do 2 de outubro de 2009.

Agradecendo de antemán a difusión que desta información poidan realizar, quedo á súa disposición para calquera cuestión que poida xurdir.

SEMANA DE CREATIVIDADE PARA MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Máis de 70 creativos procedentes de Europa e América déronse cita en Barcelona durante toda esta semana para traballar no deseño de campaña da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia, por iniciativa de Mundo sen Guerras. Esta semana terminará cunha reprodución a pequena escala da Marcha Mundial polas rúas de Barcelona.

Deseñadores gráficos, músicos, expertos en vídeo, informática e comunicacións, tradutores e deseñadores de campaña procedentes de varios puntos de España, Francia, Bélxica, Grecia, Italia, Chile e Hungría, estiveron reunidos durante toda a semana para dar forma ao que será a imaxe e organización da primeira Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia. Esta marcha partirá de Nova Zelandia o 2 de outubro (declarado ?Día Internacional da Non-violencia? pola ONU) de 2009 e percorrerá máis de 90 países até chegar a Punta de Vacas, aos pés do Monte Aconcagua, o 2 de xaneiro de 2010.

Para culminar esta semana de traballo realizarase a primeira marcha conmemorativa o vindeiro domingo 20 de xullo polas rúas de Barcelona, convertendo así a esta cidade en pioneira no apoio ao paso da gran Marcha deica pouco máis dun ano.

O punto de partida será a Praza de Colón (polo lado das Golondrinas) ás 12.00 h da mañá, desde onde se camiñará até a saída de metro Liceo. O seguinte tramo farase en metro até Praza Catalunya, onde se tomarán taxis e motocicletas até Arco de Triunfo. A marcha atravesará camiñando o Parque da Cidadela. Na estación de Francia tomarase o autobús até a Praia da Barceloneta, onde se terminará cun baño no mar aproximadamente ás 16.00 h. Todo o traxecto estará acompañado de actividades lúdicas e divulgativas. Trata de ser unha representación do que será a gran escala a gran Marcha Mundial pola Paz e a Non-Violencia.

Calquera persoa que queira unirse este domingo á marcha será benvida.

Información: www.marxamundial.info

Ana Isabel López
609 69 15 57
Equipo de Prensa “Mundo sen guerras”
e-mail: medios@mundosinguerras.org
http://www.mundosinguerras.org/

Etiquetas: , , , , , ,

Novembro 1, 2009 - Publicado por josealvarez | Uncategorized | | 1 comentario

1 comentario »

  1. [...] * 19/07/08 * Semana de Creatividade para a Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia [...]

    Pingback por FOLGA DE FAME EN FERROL / CONTEMPRANDO O ABISMO « OS MENSAXEIROS DA PAZ | Novembro 3, 2009 | Responder


Deixa un comentario