Con ista entrada (baseada nunha sinxela descrición dos pasos necesarios para inscribirse no WordPress escrita ao detalle por se a algún amigo que aínda non se rexistrara lle servise para animarse a facelo) queda explicado cómo, calquera de nós, podemos poñernos en condicións de comunicarnos a través destes blogs na práctica… A partir de aí, co tempo, poderemos ir axudándonos mutuamente a reforzarnos co intercambio da propia experiencia e tamén, os que desexemos compartilo, sobre a realización das nosas mellores aspiracións… ![]()
……………………………………………8…………………………………………
Ben. O primeiro a facer é ir a esta dirección www.wordpress.com… E, unha vez entremos nesa páxina, veremos que hai -arriba á dereita- un menú despregable de idiomas, sinalado como “Language”, no que podes seleccionar el “ESPAÑOL” directamente, pero tamén o “GALEGO” que aparece, entre outros, coas iniciales “gl” nunha páxina que se abre se picas en “More Languages”, que é a última das opcions que aparecen nese menú de idiomas… (un bó traballo de tradución -que agora mesmo, pola miña ignorancia, desbordaríame- ben podería ser un interesante obxectivo máis de colaboración a considerar entre nós)… Pero, por agora, ao que vamos, entramos no WordPress, seguindo quen o desexe en galego a descripción desta entrada, e quen o desexe en castelán (español) seguindo o detallado na entrada “Cómo rexistrarse no WordPress co idioma español“.
.
Cando a páxina de inscripción fica cargada vemos nela un recadro grande no que pon “Crea unha conta”. Si picas aí ábrese outra nova páxina encabezada coa frase: “Crea a túa propia conta en WordPress.com en poucos segundos“ … Logo é xa só cousa de encher. Se seica, un detalle: pode ser conveniente que xa teñas pensados con antelación os datos que che pide, mesmo con varias posibilidades. Eses datos son:
.
- Nome de usuario: mellor pon un “nick” non corrente -porque se non dirache que xa está ocupado- e logo un “e-mail” teu (mellor o dunha conta que poidas comprobar agora, porque ao momento respóndenche a ise correo co envío dunha solicitude de confirmación) e unha “contrasinal” (que é recomendable sexa unha mestura de cifras e letras, para evitar que che diga que non é segura) e así, sen máis, con só repetir o tecleo da “contrasinal”, está xa feito… Bo, queda só dúas casas por marcar cun “Click!”… Un é na que sinalas que “Lin e acepto as condicións de servizo” e o outro “Click!” é na que lles dis “Dame só un nome de usuario”… (con coidado de non picar en “Dame meu blog”, a non ser que queiras crealo xa nese momento)…
.
E é entón, a partir de aí, cando se abre unha nova páxina… Ah! Tamén podería suceder que volvese a aparecerche o mesmo (se é así é porque algún dato está mal -o nome de usuario está xa ocupado, ou o contrasinal non é seguro, ou esqueciches de marcar algunha casa, etc.) e, se iso sucede, se ise é o caso, entón corrixe o que faga falta e volve pulsar en “Siguiente”…
.
- Coa subscrición xa completada, dirache que tes un e-mail na dirección de correo coa que te inscribiche. Consulta o teu correo e (cando o “mail” chegue, pois podería tardar até 30 minutos aínda que adoita ser inmediato) pica no enlace que che indican… (iso abre unha páxina que confirma a túa inscripción e fai que recibas un segundo e-mail de confirmación con eses datos, do usuario e do contrasinal que elixiches, que é conveniente gardar ben)…
.
Que máis? Nada máis!… Chegoute o primeiro correo, picaches na ligazón de confirmación, abríu a páxina que che di que xa tes a túa conta, entón… FELICIDADES!… Porque a partires dese momento xa podes participar -mesmo como “colaborador” ou “autor”- de calquera bitácora (de “WordPress”) á que che conviden… (e aos poucos, como poderás ir vendo, de moitas máis vantaxes)…
Sen dúbida que, tamén pola túa beira, vas poder ir mellorando moitas cousas en diante (un exempliño case infantil sería mencionar a posibilidade inicial de subir foto ao teu perfil, foto que aparecerá cando deixes un comentario) pero o interesante do feito de dispoñer de WordPress é que xa podes ir creando melloras útiles para a túa propia comunicación con outros en todo o que ti vexas de interese… No momento no que te concedas un “oquiño” de tres minutos -que pode ser agora mesmo- para facer a túa inscripción, se non a fixeches xa, estarás a dar o primeiro avance significativo… En calquera caso, ten en conta que o estar suscrit@ en WordPress non che compromete a nada (pois nin tan sequera despois de subscribirte formarás parte dos amigos deste blog “Os Mensaxeiros da Paz” até que envíes a túa dirección de correo para iso) sendo así que a experiencia desta inscripción dáche soamente posibilidades de abrir portas, despois o querer franquearlas -ou non- depende xa unicamente de ti…
.
Anímote entón a abrir outra xanela do teu navegador e, na súa barra de direccións, pegar o link da web (que é o sinalado arriba nesta entrada) para poder facer a inscripción máis doadamente seguindo os pasos suxeridos á vista das sinxelas indicacións aquí dadas… E así, nun dicir sexa, atoparaste dispoñendo das vantaxes dos usuarios de WordPress.
E se queres aproveitar esta leitura, deixando xa ben feito algo de utilidad para ti e para outros, para rematar, envía un e-mail a xosemensaxeiro@gmail.com simplemente indicando esa dirección de correo coa que te apuntaches a WordPress (pois é o único requisito necesario para que se poida formalizar a invitación a participar cos teus comentarios no blog) e así, dende ise momento, poderemos ir compartindo abertamente -xa tamén por aquí- todo o que queiramos.
.
Así que até aquí podo chegar, pola miña banda… Agora, para mellor poder axudarnos a camiñar xuntos, terás que ser ti quen dea este pequeno/gran/ pasiño! ![]()