Skip navigation

Os impulsos (3) que chegan ao coordinador, proviñentes dos sentidos e da memoria, son transformados en representacións, procesándose estas estruturas de percepción e evocación a fin de elaborar respostas eficaces no traballo de equilibrar aos medios interno e externo. Así, por exem­plo, mentres unha ilusión é unha elaboración-resposta ao medio interno, un desprazamento motriz é un movemento-resposta ao medio externo, ou no caso das representacións, unha ideación levada a nin­veis sínicos é outro tipo de representación-resposta ao medio externo. Por outra banda, calquera representación que se poña no campo de presenza do coordinador suscita cadeas asociativas entre o obxecto e o seu co­presenza. Así, mentres o obxecto é apresado con precisión de detalle no campo de presenza, no campo de copresenza aparecen re­la­cións doutros obxectos non presentes pero vinculados con el. Advertese a importancia que teñen os campos de presenza e co­pre­sen­za na traduc­ción de impulsos, como no caso da tradución ale­­­górica na que moita materia prima provén de datos chegados á copresenza vixílica.

É importante un estudo dos impulsos polo particular traballo que o coordinador realiza coas representacións. Duas son as vías posibles: a abstractiva, que opera reducindo a multiplicidade fenoménica aos seus caracteres esenciais, e a asociativa, que estrutura as representacións sobre a base de similitude, contigüidade e contraste.

Sobre a base destas vías de abstracción e de asociación, estrutúranse formas, que son nexos entre a conciencia que as constitúe e aqueles fenómenos do mundo obxectal aos cales están referidas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.