Estes «Apuntamentos de psicoloxía» do pensador latinoamericano Mario Rodríguez Cobos, Silo, son recompilacións de conferencias dadas por el en 1975 na illa grega de Corfú; en 1976 e 1978, nas Palmas de Canarias de España e en 2006 no Parque “La Reja” de Buenos Aires.
En «Psicoloxía I» estúdase ao psiquismo en xeral como función da vida, na súa relación co medio e na súa expresión humana. Pásase logo a expoñer as características dos “aparellos” do psiquismo nos sentidos, a memoria e a conciencia. Tamén se expón a teoría dos impulsos e do comportamento.
En «Psicoloxía II» estúdanse as tres vías da experiencia humana: sensación, imaxe e recordo. Inmediatamente dáse conta das respostas que o psiquismo dá aos estímulos externos ao corpo e aos estímulos do intracorpo. Os niveis de traballo da conciencia e os mecanismos do comportamento son revisados á luz da teoría do espazo de representación. Finalmente, vaise ilustrando a produción e transformación de impulsos seguindo o percorrido das sensacións, as imaxes e os recordos á vez que se lles ordena nunha presentación morfolóxica de signos, símbolos e alegorías.
En «Psicoloxía III» estúdase o sistema de operativa capaz de intervir na produción e transformación dos impulsos. Un esquema simplificado do traballo integrado do psiquismo contribúe á comprensión dos temas de operativa. Finalmente, establécense distincións entre a conciencia e o “eu” contrastando os estados de reversibilidade cos estados alterados de conciencia.
En «Psicoloxía IV» estúdase sumariamente o desdobramento dos impulsos; logo estúdanse as diferenzas entre a conciencia, a atención e o “eu”; estúdase tamén a espacialidade e temporalidade dos fenómenos de conciencia; para finalmente definir e incursionar nas estruturas de conciencia. Estruturas como a “conciencia inspirada” paséanse polos distintos quefaceres humanos: como a “conciencia inspirada” na filosofía, a ciencia, a arte e a mística. Hai por ultimo unha incursión nos niveis profundos das estruturas de conciencia e é con estes parágrafos finais cos que se termina pechando esta psicoloxía, que empezou na analítica dos impulsos máis elementais, para terminar na síntese das estruturas de conciencia máis complexas.
Estes escritos, sumados a «Psicoloxía da imaxe» -que constitúe a primeira parte do libro «Contribucións ao pensamento»- e as «Experiencias guiadas», ambos os publicados en Obras Completas I do mesmo autor, pódense considerar como as escritos raíces dunha Psicoloxía do Novo Humanismo.
Seguindo estes desenvolvementos xa se publicaron «Autoliberación» de Luís A. Ammann e «Morfoloxía. Símbolos, sinos e alegorías» de José Caballero e seguramente veremos a futuro outros estudos que amplíen e enriquezan estes planteos iniciais.
Non sería tampouco de estrañar que máis adiante algúns psicólogos prácticos desenvolvan unha nova psicoterapia que tome como base estas descricións do psiquismo humano.
Os editores